Wednesday 08 de May de 2024

Ribeira acolle o X Día das Galegas nas Letras


O Parque de San Roque de Ribeira foi escollido este ano para a celebración do X Día das Galegas nas Letras, que homenaxeou a vida e obra da escritora Aurora Marco.

O Día das Galegas nas Letras é un evento anual organizado pola plataforma de crítica literaria A Sega; que honra a mulleres que contribuíron á cultura e á literatura como “Señora das Letras”. “Para nós é un orgullo que Aurora Marco escollera Ribeira para a celebración deste evento tan emotivo” destacou o alcalde Luís Pérez.

A xornada comezou cun roteiro imaxinario sobre a obra de Aurora Marco e unha posterior lectura de manifesto por parte da autora, que destacou a importancia do recoñecemento e visibilización do labor realizado polas mulleres. O acto rematou cunha pequena romería con xantar popular e micro aberto.